mércores, 2 de maio de 2018

Creación dun Stop Motion

Por fin, temos rematada a derradeira actividade do PFPP. Finalmente animámonos a probar o Stop Motion e este foi o resultado.

Decidimos conmemorar o día do libro facendo unha actividade relacionada coa lectura involucrando ás tres escolas que forman o CRA. Por iso escollimos o conto "A mellor sopa do mundo", unha historia na que saen moitas personaxes, facilitando así a participación das 33 nenas e nenos.

A implicación do alumnado foi permanente: Colorearon as personaxes, executaron a animación coas mestras, compuxeron a melodía principal e narraron a historia do conto.

O que máis nos gustou da actividade foi que as nenas e os menos comprenderon e aplicaron eles mesmos a técnica para crear animación.



Ningún comentario:

Publicar un comentario