luns, 7 de maio de 2018
Iniciación á robótica
Despois dunha sesión de formación en robótica, puxemos a andar as cosas Bee Bot.O seguinte paso... a elaboración de materiais!.
xoves, 3 de maio de 2018
Actividades de Asamblea
A novidade que trouxo o PFPP ás nosas escolas foi o uso diario da PDI na asamblea de primeira hora da mañá.
Ademais de actividades cotiás como poñer o nome do encargado, facer encrucillados de palabras e escritura libre, creamos esta plantilla para o traballo da lectoescritura con educación infantil.

Recursos ABN para PDI
No noso symbaloo, incorporamos recursos atopados na rede para o traballo diario nas escolas. Este mes colgamos recursos para traballar o método ABN coa PDI. Achegamos enlaces interesantes que iremos mantendo ou eliminando segundo sexan válidos, asequibles e útiles no noso día a dia.
Symbaloo PFPP CRA Valdoviño
mércores, 2 de maio de 2018
Creación dun Stop Motion
Por fin, temos rematada a derradeira actividade do PFPP. Finalmente animámonos a probar o Stop Motion e este foi o resultado.
Decidimos conmemorar o día do libro facendo unha actividade relacionada coa lectura involucrando ás tres escolas que forman o CRA. Por iso escollimos o conto "A mellor sopa do mundo", unha historia na que saen moitas personaxes, facilitando así a participación das 33 nenas e nenos.
A implicación do alumnado foi permanente: Colorearon as personaxes, executaron a animación coas mestras, compuxeron a melodía principal e narraron a historia do conto.
O que máis nos gustou da actividade foi que as nenas e os menos comprenderon e aplicaron eles mesmos a técnica para crear animación.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)