luns, 27 de novembro de 2017

KPSI inicial - Avaliación inicial sobre o proxecto

Cubre este cuestionario co que obteremos unha avaliación inicial do grupo en relación cos obxectivos do proxecto. Realmente o que cubrimos no cuestionario sería este cuadro coa ferramenta de avaliación KPSI.


Podo explicalo
Creo que o sei
Sei un pouco
Non sei nada
Funcionamento da pizarra




Ideas de uso da pizarra na aula




Estándares que relacionen o emprego da pizarra e de outras ferramentas TIC coa miña/s materia/s




Crear materiais para a pizarra




Utilizar outras ferramentas TIC/TAC coa pizarra







Comprometémonos a facer


Durante este curso comprometémonos a facer:


  • Realizar actividades de aula coa pizarra dixital: O 75% dos participantes empregaron en a lo menos catro actividades/ocasións as ferramentas da pizarra dixital.
  • Empregar outras ferramentas TIC: O 75% dos profes empregaron a lo menos 1 ferramenta TIC.
  • Realizar actividades de carácter interactivo: O 75% dos participantes realizaron actividades interactivas onde o alumnado participou empregando a pizarra dixital
  • Realizamos creacións dixitais: O profesor crea un recurso que será utilizado polo alumnado na aula.
  • Todo o alumnado empregue a pizarra dixital: O 75% do profesorado participante implementou a lo menos 2 actividades onde todo o alumnado empregou a pizarra dixital ou os seus recursos.
  • O alumnado realice as súas propias creacións dixitais: O 75% do profesorado participantes implementou a lo menos 2 actividade/s onde todo o alumnado empregou a pizarra dixital ou os seus recursos.

Entre todas lograrémolo.


*Imaxen descargada pixabay.

Os nosos obxectivos de centro



Obxectivos do proxecto:
  • Manexar as pizarras dixitais que hai no centro.
  • Crear recursos educativos para o uso da pizarra dixital nas escolas do CRA.
Este curso concretaremos os nosos obxectivos:
  1. Poñer en funcionamento as pizarras de todos os centros do CRA.Manexalas, xestinalas e configuralas.
  2. Crear recursos educativos relacionados con outros proxectos do centro para traballar coa pizarra dixital. 
  3. Deseñar e implementar actividades TAC básicas de aula onde o alumnado faga uso de diferentes ferramentas TIC e da pizarra dixital.


*Imaxen descargada Pixabay