Pizarreando no Cra de Valdoviño
luns, 7 de maio de 2018
Iniciación á robótica
Despois dunha sesión de formación en robótica, puxemos a andar as cosas Bee Bot.O seguinte paso... a elaboración de materiais!.
xoves, 3 de maio de 2018
Actividades de Asamblea
A novidade que trouxo o PFPP ás nosas escolas foi o uso diario da PDI na asamblea de primeira hora da mañá.
Ademais de actividades cotiás como poñer o nome do encargado, facer encrucillados de palabras e escritura libre, creamos esta plantilla para o traballo da lectoescritura con educación infantil.

Recursos ABN para PDI
No noso symbaloo, incorporamos recursos atopados na rede para o traballo diario nas escolas. Este mes colgamos recursos para traballar o método ABN coa PDI. Achegamos enlaces interesantes que iremos mantendo ou eliminando segundo sexan válidos, asequibles e útiles no noso día a dia.
Symbaloo PFPP CRA Valdoviño
mércores, 2 de maio de 2018
Creación dun Stop Motion
Por fin, temos rematada a derradeira actividade do PFPP. Finalmente animámonos a probar o Stop Motion e este foi o resultado.
Decidimos conmemorar o día do libro facendo unha actividade relacionada coa lectura involucrando ás tres escolas que forman o CRA. Por iso escollimos o conto "A mellor sopa do mundo", unha historia na que saen moitas personaxes, facilitando así a participación das 33 nenas e nenos.
A implicación do alumnado foi permanente: Colorearon as personaxes, executaron a animación coas mestras, compuxeron a melodía principal e narraron a historia do conto.
O que máis nos gustou da actividade foi que as nenas e os menos comprenderon e aplicaron eles mesmos a técnica para crear animación.

xoves, 8 de marzo de 2018
Tiny tap
Estamos aprendendo a traballar con diferentes recursos. Desta volta tocounos indagar coa app "Tiny tap".
Para familiarizarnos coa aplicación fixemos un taboleiro de sons para a unidade didáctica "mullerazas" que implementaremos ao longo de todo o mes de marzo para conmemorar o 8 de marzo.
Con este taboleiro de sons iniciamos aos nenos e nenas na vida destas mulleres, explicándolles datos importantes das suas profesións.
https://www.tinytap.it/activities/g2oi2/play/

Iniciándonos no Notebook
luns, 26 de febreiro de 2018
O noso Symbaloo
Este é o noso Symbaloo no que imos enlazando información e sitios da rede interesantes para os nosos proyectos. Tamén actividades interactivas para traballar coa pizarra dixital.
Tamén enlazamos webmixes de outras pessoas que nos poidan ser de utilidade. Neste caso, escollimos o de Helga VR do Samaín e o de Igualdade de Xénero.
https://www.symbaloo.com/home/mix/13eP73KcSY

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)